Queres ser arte contemporánea?

En máis dun sentido, interpretar a arte contemporánea é facer arte contemporánea. Incorporarse á intención ou ao discurso de cada peza é un xeito de completar a súa identidade. Pero quizais esta sexa unha aproximación antiga, ou tópica, porque interpretar parece ser o único xeito de participar nas cousas. Unha vertente máis da arte contemporánea.

Outra tarefa é saber como as persoas, os cidadáns, os espectadores ou os visitantes participan da arte contemporánea; cal é o seu nivel de interpretación e, polo tanto, cal é o xeito no que se implican. Poden participar desde a experiencia ou desde a fantasía, desde a curiosidade ou desde a descrenza. Dialogar co público é o xeito máis directo de sabelo.

Isto é o que propón Queres ser arte contemporánea?: asaltar —no mellor senso da palabra— os espectadores do CGAC e preguntarlles polas súas opinións.

Non será tanto un estudo estatístico coma unha cata orientadora sobre como manobra cada individuo diante dos espazos que abren as pezas artísticas. O diálogo ofrece, ademais, a posibilidade de tomar como referente a exposición conmemorativa 93 para facer unha valoración sobre a percepción da arte contemporánea e sobre o traballo do centro desde a súa apertura.

As entrevistas realizaranse ao longo de catro xornadas durante o horario de apertura do centro (de 11 a 20 h).

Os encontros durarán arredor de 15 minutos e tomarán como punto de partida o hall do CGAC para internarse a continuación na mostra 93, que ocupa os tres andares do centro.

A cada unha das persoas entrevistadas faráselle un retrato no espazo que elixa ou coa peza que escolla, procurando que as imaxes establezan unha relación entre o espectador e a obra.

Centro Galego de Arte Contemporánea

Do 26 de Febreiro ao 1 de Marzo. De 11 a 20 horas.

As inscripcións nesta ligazón do CGAC

Chapa

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s