Sheila e David Pouso Alonso e Diego Vázquez Sousa | Primeiro Asalto

20140225-162945.jpg

Toda entrevista é un asalto. Eles non contaban conmigo. Estaban de visita escolar para ver obras que, as máis das veces, xa estaban entre nós cando eles viñeron ao mundo. En 1993, Sheila e David Pouso Alonso e Diego Vázquez Sousa non naceran. Pero non hai que quitarlles méritos. A única virtude da idade é ter resistido. Non lles preocupa. Non botan contas. Dan por feito que moitas das cousas do mundo xa estaban aquí cando eles chegaron. Incluídos os problemas. Están de estrea. É a primeira vez que entran ao CGAC e á pregunta de teleoperador de se repetirían a visita contestan moi afirmativamente que si. Que volverían. Que volverán. Que convencerán a outros para que veñan. “Non é un mal plan”, di Diego. A entrevista é un asalto contra a hora de comer.
Admiten a inexperiencia, pero non a entenden como un impedimento. Hai tres consideracións que fan arredor da arte contemporánea: A primera é que consideran que as pezas e eles son “deste mesmo tempo”. Son coetáneos da contemporaneidade. A segunda reivindica as posibilidades do principiante: non é necesario chegar sabido para mirar as pezas e obter algunha conclusión. Os datos sobre as obras, os seus contextos, cambian as interpretacións iniciais pero non as invalidan. Matizan asegurando que querer mirar é máis importante que saber mirar. Pero é difícil chegar hoxe algún lugar sen ter unha idea previa. David cre que, de antemán, a arte contemporánea “é moi conceptual, moi simbólica”. Para David é “novidosa e moi cambiante”. A terceira conclusión ten un carácter menos directo. Sheila explica que hai que ter en conta, para ver a presente exposición do CGAC “as cousas que pasaron desde o ano 93, como foi cambiando todo” o que liga directamente coa certa sorpresa de Diego ao encontrarse no Centro Galego de Arte Contemporánea con máis contidos sociais dos que esperaba, “esperaba máis estética, pero non tantas cousas que teñen que ver cos problemas de hoxe”. De primeiras, e sen darlles tempo a pensalo, eles aceptan a visión de que o que se exhibe nas salas do Centro é un certo retrato da contemporaneidade. Como as caixas que colgan. Un retrato do mundo ao que é necesario enfrontarse e que, probablemente, ofrece as mesmas dificultades de comprensión que unha realidade sen unha única interpretación posible. Os tres coinciden nunha das grandes vantaxes da contemporaneidade: é posible que tres persoas entendan de tres xeitos diferentes as caixas de cartón pendurando das cordas no soto do CGAC. E ningunha delas estar equivocada. Son tan contemporáneos, están metidos nesta época, que con certa lóxica difusa teñen pensado ir de centro a centro, de Bonaval ata As Cancelas. Da ficción de voar que crean as cordas que terman das caixas de Hirschhorn á ficción do paraíso de extrarradio. Están seguros de ir comer. Pero quen come?

Con (De esquera a dereita)
Sheila Pouso Alonso
Diego Vázquez Sousa
David Pouso Alonso

Alumnos do IES Praia Barraña. Boiro.

De fondo: Flyng boxes. Thomas Hirschhorn.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s