José Luis del Río Rodríguez, Celia González Fernández e Paula Sánchez Carrera | Obriga somos todos

20140226-182935.jpg

Antes do Centro Galega de Arte Contemporánea hai tres horas, pouco máis ou menos. Os lugares están en función do sitio do que procedes. Eles veñen de Ponferrada. Despois do CGAC está a catedral e unha volta pola cidade vella. Despois de despois está o regreso. Tres horas máis en autobús. Non hai que preocuparse, teñen o twitter suficientemente alborotado.
Paula Sánchez Carrera, José Luís del Río Rodríguez e Celia González Fernández non están de acordo. Están de acordo nalgunhas cousas e noutras non. É dicir, non están de acordo.
Están de acordo en que arte conta cousas sobre a realidade. Pero non están nada de acordo na dificultade que achegarse a ela teña para os non iniciados. Paula e Celia consideran que é dificil. José Luis é partidario do selfie.
Hai un debate entre os tres. Elas consideran que sen datos e sen guía non acabarían de entender a exposición e, por extensión, unha grandísima parte da arte contemporánea. Despois terán visita á Catedral de Santiago e a comparación é obvia: pensades que son máis fáciles de entender as obras do románico ou o barroco? Outra vez dous bandos. Elas pensan que si, que é máis sinxelo achegarse ao románico ou ao barroco que ao contemporáneo. “Pide menos participación”, explica Celia, quen engade que as pezas representan historias que non sempre “son fáciles de relacionar con otras cosas para nosotros”. José Luis renega dese xeito razoar ao explicar “esto es más fácil de entender porque habla de cosas de ahora mismo, utiliza objetos que son de ahora, es más sencillo de ver”. Paula advirte que para calquera que non teña algúns coñecementos “una gran parte de los significados desaparecen”, pero José Luis non está preocupado polas perdas “non é necesario sabelo todo para entender, tampoco entenderemos todo lo que quiere decir el barroco”.
Hai que seguir a excursión e hai que chegar a un acordo. Celia sentenza: “no es lo mismo mirar que interpretar, vamos a ver arte antiguo y miramos, pero con el contemporáneo hay una cierta obligación de interpretar, con mirar solo no vale”.
Aparece a palabra obriga, que é unha gran tumbadora de discursos culturais. Non se pode mirar a arte contemporánea como calquera outra, sen a obriga de interpretala? “No es lo mismo”. Celia volve matizar: “nos faltan herramientas para entender”.
Eles teñen a obriga de seis horas de autobús para vir a Compostela. Todos temos a obriga de pagar por un sistema que non nos deixa beneficios. Eles explican con espontaneidade que a arte contemporánea non pode ser unha obriga. Só fai falta que fagamos o mesmo con Facenda.

Con José Luis del Río Rodríguez

Celia González Fernández

Paula Sánchez Carrera

Peza: Boxes of Paleontologist. Mark Dion.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s