Xosé Antón Cascudo | O erro do erro

20140226-124247.jpg
Entrar ao CGAC e dar con algo da infancia, que é a patria dos nenos. Entrar agardando ver unha antoloxía de sucesos espellados en obxectos inesperados e dar cunha evocación íntima de aires que se moveron cos columpios. Se Xosé Antón Cascudo tivese que escoller colocaría ao cine por riba da arte contemporánea na orde das súa preferencias. Pero non ten.
Busca algo que o sorprenda, algo polo que deixarse sorprender, pero advirte que ten tendencia a “conectar mellor polo emotivo que polo intelectual”. Encontra unha vía de agua no sistema de comunicación do contemporáneo: “os artistas distánciase da emotividade para reivindicar o seu punto de vista”. Ten una cronoloxía para ese proceder. Garda relación co abandono do realismo, co abandono da figuración e co cambio de códigos da arte cando se instalou na contemporaneidade. “Non xulgo se é deben ou non, pero sucede así”. Renega da idea de que actual arte ofreza “unha perspectiva fría da realidade, véxoa como un espello acertado e mirando a exposición creo que si conta o sucedido nos 20 últimos anos”.
A pesar da potente alimentación teórica de todo o contemporáneo hai un momento en que todo baixa ao chan. Case todo.
Son dous columpios fóra do seu contexto. É unha peza de Mona Hatoum e está no contexto que lle corresponde. Esa peza que alude aos bambáns infantís chama a atención de Xosé Antón Cascudo por dous motivos, porque significa “infancia, aire, pracidez, movemento”. O segundo motivo implica dabate. “Quizais a miña interpretación da obra estea errada”. Logo recunca un pouco, “é un erro pensar que é un erro, quizais a miña interpretación só é diferente da que puidera ter o artista”.
O bambán ten un asento de metacrilato e esa é a trampa da reinterpretación. Hai cadeas, pero non hai parque. Cascudo volve sobre o contexto asegurando que os arredores da peza de Hatoum é a propia exposición e “podería funcionar igual se o columpio fose tal cal é pero posto no museo, o que quere dicir aquí non o quere dicir noutro lado”.
Ese é o contexto da arte, pero non ten por que ser o contexto do espectador. Cal é o contexto do espectador? A resposta de Cascudo é que un espectador “pode enfrontarse intuitivamente á arte contemporánea, pero non vai poder asumir do mesmo xeito o seu contexto”. Considera que para ese contexto é necesaria certa bagaxe sobre “correntes, ideas, traxectorias: para ver unha obra non necesitas saber quen a fixo, pero se o sabes podes ir máis alá na súa interpretación”. Confía en que para os espectadores é unha posibilidade de diversión xogar cos contextos, manobrar nas interpretacións. Revisar as ideas sen confundir o diferente co errado.
Polas fiestras que dan luz á sala na que colga a peza de Hatoum, pero que non a iluminan a ela, vense os muros do Museo do Pobo Galego e quizais sería un inmenso xogo de contexto intercambiar temporalmente algunhas pezas entre o CGAC e o MPG. O maior esforzo, probablemente, non sería ter que levalas a pulso dun punto a outro. Porque ser e estar non é o mesmo. Porque todos somos iguais, pero non todos estamos na mesma circunstancia.

Con Xosé Antón Cascudo | @antoncascudo | antoncascudo.blogspot.com

Peza: A Couple (of Swings). Mona Hatoum.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s