Pedro Pardinhas | Economía artística

20140227-115814.jpg

Faltan 37.222 días. Faltan 29.400 días, Faltan 19.800 días. É unha conta atrás que remata sorpresivamente, como cando Houston ten un problema, en Faltan 105 días. Esta conta atrás sen horizonte inquedou a Pedro Pardinhas ata o punto de xustificarlle a visita ao CGAC. “A pregunta de como debería acabar a conta atrás ou cal era o feito que debería acontecer ao final da mesma aínda me dará voltas na cabeza, pero esa inquedanza provocada é o que me gusta da arte contemporánea”.
Pardinhas é economista e bota contas arredor da arte. Non di que non, non nega que a economía é auténtica arte contemporánea. Ou quizais esteamos xa no tempo de cambiar as denominacións. Unha vez que o capitalismo decidiu liquidar a contemporaneidade pola vía da regresión, estaría ben redefinir: a economía é a auténtica arte poscontemporánea: conceptual, numérica, especulativa e moi paradóxica.
Pedro Pardinhas bota contas arredor da arte, pero non son estas. “Visito as exposicións e vou paseando ata que algo me chama atención, entón reparo nesa peza, ben pola sorpresa, ben pola inquietude, e tento profundizar nela. O que a peza queira dicir ou me diga a min vaime durar máis alá de visita”. As contas veñen agora: “non busco que todas as pezas dunha exposición chamen por min, se dúas de cada cen pezas me dan para pensar creo que a exposición cumpriu o seu cometido”. Para os de letras, a porcentaxe de impactos (que dirían os publicistas) sería o 2%, pero Pedro explica que tamén vale con unha peza de cada 50. O criterio está considerablemente por debaixo das comisións bancarias, das porcentaxes de beneficio industrial, do IVE, o euríbor e tamén moi por debaixo do descensos salariais dos últimos anos. O criterio de Pardinhas é cualitativo advertindo que a arte contemporánea “ten un carácter máis emocional que a arte antiga, que tiña que ser moito más técnica”.
Medir é un oficio complicado. Pódese medir o diñeiro que nos quitan, pero non se pode medir canto sufrimento causará a súa falta. Podese medir a perfección realista dun retrato, pero non se pode medir a inquedanza que causa unha conta atrás que non ten marcado o seu final. Porque un final sabemos que hai.

Con Pedro Pardinhas

Peza: Sen título (Counter) Serie Monte de Piedad. Pedro G. Romero

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s