Irene Fernández Fernández, Alba Cabaleiro Gil e Laura Fernández Otero | Mecánica cuántica

20140228-121556.jpg

Había unha vez unha vez un gato metido nunha caixa que non sabía se estaba vivo ou morto. Pode que el si soubese. Somos nós quen non sabemos. Podía ser vivo e ser morto ao mesmo tempo, pero non habería certeza ata que se abrise a caixa. Schrödinger non pensou na arte contemporánea cando dispuxo a teoría dun experimento para confirmar a súa teoría do estado cuántico e, con todo, unha obra e os seus espectadores altéranse mutuamente moito máis que alguén tentando coñecer o estado vital dun mico rodeado de cartón.
Irene Fernández, Alba Cabaleiro e Laura Fernández entran ao CGAC pero non para mirar as pezas. Veñen mirar os espectadores. Estudan algo que ten que ver co traballo social e van ver as reaccións dos espectadores. Son xente cumpridora e responsable e antes de poñerse a mirar a quen mira, revisan as pezas.
Revisan as pezas e a súa actitude diante delas. Laura séntese algo intimidada: “eu preferiría que algunhas pezas insinuasen máis e contasen menos”. Pero, ao mesmo tempo, advirte que a exposición “anima á creatividade, miras as pezas e danche ganas de facer cousas”. A repregunta obrígaa a contestar: “dígoo en serio, sen ironía”.
Irene busca pistas. “Penso que nos faltan datos para entender o que din as obras, algúns datos históricos non estarían de máis”. Tamén está no dobre sentido: “os espectadores saben que hai un significado no que ven, pero non sempre acertan a dar con el, incita á curiosidade pero tamén pode ser frustrante”.
Para Alba Cabaleiro o proceso da arte contemporánea “sempre pide pararse un pouco máis”, pero explica que para o espectador “funciona mellor cando sabe o que pode encontrarse, cando ten máis datos sobre o que está mirando”.
Os espectadores de arte contemporánea poden ser como Hamlet ou como un ministro escracheado: non saben se son ou non son. Se son espectadores ou son obra. Son como un gato nunha caixa esperando que alguén sentencie a súa condición. Poden ser e non ser, dependendo de quen os mire. Son como ese estado cuántico que é Galicia: ata que se abra a caixa nunca saberemos se somos unha nación.

Con
Irene Fernández Fernández
Alba Cabaleiro Gil
Laura Fernández Otero

Peza: Peza: A Couple (of Swings). Mona Hatoum.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s