Manu Pascual e Christopher Casas | Non é arte para vagos

DSC01534
Como é a historia esta do reparto? Cal é a parte que nos toca e cal é a parte á que temos dereito? Temos dereito a algunha parte? Esta presión chamada crise puxo fin ás teorías da redistribución da riqueza e tamén, menos coñecido pero non menos importante, ao reparto do esforzo. Que papel temos cadaquén en cada circunstancia? Para empezar, demasiadas preguntas.
Preguntarse polo papel dos espectadores da arte contemporánea é deixar implícita a pregunta sobre cal é o papel dos artistas e dos axentes da intermediación. Preguntar polo público pode ser unha fuxida cara adiante ou unha petición de socorro.
Manu Pascual e Christopher Casas citan, de entrada, o adxectivo hermético. Explican que a arte contemporánea pide un esforzo suplementario aos espectadores e non están moi seguros de que esta circunstancia sexa inevitable.
Manu Pascual estudou Historia del arte e, aínda así, cre que hai unha distancia dobre que sería necesario percorrer: “os espectadores teñen que buscar as referencias e os artistas poderían facer un esforzo por ser máis accesibles”. Casas considera que hai unha gran diferenza entre o público do contemporáneo e de calquera outra arte, “as chaves para entender calquera outra arte son coñecidas, os espectadores chegaron a elas mentres estudaban, por exemplo”. Coa arte contemporánea “non pasa así, a xente ten que ir buscando as chaves ao mesmo tempo que mira as obras”. Pascual visita os museos cos seus colegas e esa dinámica de grupos que ás veces serve para colocar bedeis nas diputacións, obrígao a el a converterse en guía. Manu Pascual chegou a unha conclusión: “a arte contemporánea non é para vagos”. Asegura que un espectador pasivo “non vai entrar nas propostas da arte contemporánea, vai quedar fóra”. Para non ser pasivo, explica, “ten que ir buscando o contexto, as referencias”. Un e outro sinalan que o axeitado sería incorporar a arte contemporánea á educación, igual que se estuda o barroco. Unha educación que mire cara adiante e que, quizais, sexa un pouco menos histórica.
Como pesa a historia na arte? Para Christopher Casas pesa ata o punto de que a encontra na exposición que celebra os 20 anos do CGAC, “esperaba unha mostra máis proxectada no futuro que unha revisión dos noventa, por máis que ten pezas moi interesantes”.
A historia é outro lugar na batalla. Ou quizais sexa outra forma dese contexto que falta cando hai que enfrontarse á arte contemporánea con ánimo de desfrutar. Ou só é a xenealoxía que chegou ata aquí. A historia tampouco é para vagos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s