Chus Martínez Domínguez | Supoñamos un espello

20140228-171552.jpg

Supoñer é contemporáneo. Pasamos o 99% do tempo supoñendo. Supoñemos que todo vai ben xusto antes de ver o telexornal. Hai quen supón que a arte contemporánea non conta nada e hai quen supón que é un retrato do mundo en movemento. Como unha novela río con illas de instalación e vídeo.
Chus Martínez Domínguez cre que si. Que a arte fai suposicións sobre o mundo e sobre os espectadores. Pero considera que acerta máis veces das que se equivoca. Do mesmo xeito entende que 93 é unha mostra que explica moi ben como foron os anos noventa “coa influencia importante do que sucedeu nos oitenta, cos cambios cara a unha escultura a escala humana ou coa aparición dos discursos do corpo cunha perspectiva que non se dera antes”, entende tamén que ese cometido panorámico é un obxectivo imprescindible para calquera que pretenda estar enmarcado no territorio contemporáneo da arte.
Quizais a arte asume que é intérprete da realidade e supón que debe ser entendida. Que as interpretacións da súa interpretación exceden o seu cometido. Pero Chus Martínez entende que a interpretación do mundo e a divulgación desa perspectiva “son elementos dun mesmo traballo”. Sucede que a arte contemporánea non sempre cumpre coa mesma eficacia e que, por veces, o contemporáneo non quere supoñer que resulta “instrospectivo”. Non supón a arte que para vencer a introspección é necesario que os espectadores teñan “unha dose suplementaria de curiosidade” e que busquen unha relación coas pezas “máis alá do intelectual”. “Hai cousas que non hai que entender no sentido racional do termo” e Martínez Domínguez ofrece aos espectadores esa variante que é a “fascinación do estraño” como un argumento para recuncar. Unha fascinación polas cousas que non son obvias e que poden arrastrar os espectadores a asomarse a mirar por riba desas instrospeccións. Asomarse ao interior das interpretacións.
Só habería outra desculpa máis para unha arte contemporánea revirada sobre si mesma: que o mundo sexa instrospectivo e que a arte non sexa máis que o seu reflexo inmediato. Pero iso eran os oitenta, non?

Con Chus Martínez Domínguez

Peza: Rosmi. Chelo Matesanz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s