Javier Raposo Martínez | Big Bang

20140301-125703.jpg

Está disconforme. Con algunhas cousas en particular e con moitas en xeral. Javier Raposo Martínez confía tanto nas capacidades da arte contemporánea que non se sente a gusto co trato que recibe. Ten unha visión de conxunto na que aprecia como algunhas partes están mal encamiñadas: “falta educación, sobra mercado. Falta diálogo, sobra narcisismo. Falta visión, sobra intervención política”. Estas son as liñas xerais. Pero, no seu xeito de entendelo, hai unha reprodución dese esquema de arriba a abaixo. É como un estado de ocupación que percorre en sentido vertical e horizontal todo o territorio contemporáneo converténdoo nun bonsai, un mundo a escala atrapado entre a falta de horizonte e o conformismo.
Utiliza a exposición do CGACcomo referencia para explicar o panorama: “se miramos peza por peza hai cousas interesantes, pero falta a visión de conxunto que ofreza unha explicación”. Non pon en dúbida os argumentos da mostra pero non os entende “como unha celebración de 20 anos”. Bota de menos algúns fitos da historia do centro, algunha presenza de Maruja Mallo e “algunhas pezas que proxecten artistas novos que sinalen algún tipo de futuro”. Pero estes males, considera, “son xerais”. Proceden dun mundo coas pezas mal colocadas.
Advirte que a arte contemporánea “debe estar en contacto co mundo real, ten que ser reivindicativa, estar máis atenta aos problemas da sociedade que aos negocios”. Raposo sinala que quizais debería estar máis atenta ao proceder da ciencia: “darlle máis importancia á indagación”. Pero asegura que en Galicia “o mundo artístico é conservador”. Traza unha liña de alta tensión demoledora, “artistas demasiado costumistas, unhas institucións escasas e unha crítica ignorante”. Entre todos, “converten cousas malas en excelsas”.
Pero hai un futuro. Considera que hai nunha xeración de artistas en Galicia un valor que “precisa recoñecemento” e que é posible unha educación na que as linguaxes do contemporáneo acompañen outras materias. Cre que a intermediación ten que deixar de ser económica e que os artistas deben “abandonar o dogma e a encriptación” para que a arte sexa “democrática pero non só para unha elite”. Cre que é necesaria unha acción de conxunto que comece desde os artistas. Non falamos disto, pero tamén estaría ben que en Galicia escampase.

Con Javier Raposo Martínez

Peza: Little Bang. Jorge Barbi.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s