Alejandro Álvarez Padín e Uxía Martínez Suárez| Escaleiras e interiores

20140301-185006.jpg

Din que o interior da Terra está formado por capas superpostas de materiais que se van soportando uns a outros e que son interpretables para elaborar unha biografía do planeta. Un pode quedarse na superficie que toda a terra debera ser para quen a traballa ou pode ir baixando para encontrar outras explicacións. Tamén pode baixar á mina, pero xa estariamos noutra consellería.
Uxía Martínez Suárez e Alejandro Álvarez Padín entenden que a arte contemporánea ten capas e que o espectador pode decidir se profundiza ou non nos sucesivos significados. El asegura que as dificultades de interpretación aumentan coa profundización pero explica que nas primeiras “capas non é tan complicado entender as mensaxes, a medida que se buscan novos significados entón vai sendo máis complicado”. Para ela, a visita a un espazo con arte contemporánea, como o CGAC é máis un exercicio de voyeurismo. “Non teño unha opinión normativa sobre as pezas que vou vendo e non estou moi inquieta por este xeito de mirar”. Suxire que na interpretación dos espectadores está a decisión de afondar, de baixar ou subir pola escaleira de propostas do artista sen necesidade de facer un chiste sobre galegos. Profundizar na interpretación dunha obra é a decisión artística do espectador.
Uxía, incluso seguindo unha actitude de mirar, encontra algunhas renuncias na arte contemporánea. Pero non ten que ver coa súa capacidade de codificación nin con un máis ou menos complicado sistema de interpretación. “Creo que a arte abandonou o valor estético do obxecto por si mesmo”. “Boto de menos esa búsqueda da estética das cousas”.
E así volvemos ao principio de todo, pero non á superficie.

Con Alejandro Álvarez Padín e Uxía Martínez Suárez

Peza: Cinderella (mariés). William Wegman.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s