Bárbara G. Vilariño | Estigmas da cultureta

20140304-120132.jpg

Levamos marcas. Unhas pesan, outras non. Andan canda nós e hai días que os demais non as distinguen. Nós si. A veces. Hai quen confunde as marcas cos retratos e hai quen se deixa levar polas apariencias. A arte contemporánea tamén ten marcas, o caso é ir dando con elas.
Bárbara G. Vilariño prefire as marcas de Cristina Iglesias ou Juan Muñoz. Tamén as de Dora García, pero nesta exposición do CGAC pensa que son demasiado lixeiras. Calcula que na arte contemporánea o importante é que os espectadores busquen esas marcas, pero advirte dous comportamentos seus: “non vou tanto ver exposicións como ver artistas que me gustan”. A segunda actitude ten que ver con algúns dos grandes cambios da arte contemporánea fronte a calquera tempo anterior. “Busco algunhas sensacións que non teñen que estar ligadas necesariamente ao estético, e prefiro encontrar nas pezas ideas emotivas que intelectuais”.
Bárbara sinala que a contemporaneidade artística ten unha marca: “pésalle o discurso intelectual, que é un discurso que bota para atrás á xente”. Responde a unha actitude que moitos non espectadores dan por definitiva: “a arte é para todos, pero só unha elite chega a el”. Desde esta posición, a arte vai quedando illada dos grandes públicos minoritarios que a cultura pode ter e pasa a depender de “intermediarios que, en moitas ocasións, responden ao mesmo cliché de exceso intelectual que ten a arte”. Fai unha comparación co cine para situar como poden ser os públicos fronte á cultura e incluso “tendo en conta os diversos tipos de cine e os distintos públicos que van, a arte contemporánea está moitísimo máis intelectualizada”.
Pero para Bárbara G. Vilariño as marcas son o que importa e cre que mesmo nas representacións, poñamos sociais, da arte hai argumentos que distancian aos espectadores, “hai un aspecto rancio das inauguracións que tampouco axuda a que os espectadores se acheguen, que participen como tales”. Ela pensa que a principal marca da arte contemporánea respecto do seu público é unha fenda que só pode reducirse “axudando ao espectador a buscar o contexto de cada peza, advertindo que sen contexto tamén se pode disfrutar de ser espectador”. Facendo un maior esforzo de comunicación que explique que o papel do espectador de arte contemporánea pode ser outro. Máis divertido. Ela sábeo porque leva unha marca. Ten o estigma de ser cultureta entre os seus amigos. É unha marca. Pero as marcas somos nós.

Con Bárbara G. Vilariño

Peza: Sin título. Cristina Iglesias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s