Alberto Ramos | Fendas no amor

DSC01547
Inútil é unha palabra que se utiliza ben pouco para tanto como hai. Unha palabra que parece representarse a si mesma: é inútil dicir que é inútil. Podería ser unha palabra de escépticos ou de protestantes. Ou podería ser un concepto que nos foron destilando lentamente para manexarnos. Claro que nese caso os inútiles sempre somos nós.
Alberto Ramos dá por feito que entre el e a arte contemporánea hai unha fenda insalvable ou unha relación ingobernable na que el é a parte “inútil”. Non quere transferir o que considera incapacidades para a conexión ás obras: “pásame coa arte contemporánea como cos discursos de Alberto Núñez Feijóo, que non sei por onde pillalos. Doulle voltas, pero non consigo encontrar na súa argumentación”.
Ramos sinala como primeiro punto desa distancia o descoñecemento das “chaves das obras e dos artistas e sempre penso que vou a cegas nas exposicións, que non me podo enterar de nada porque non sei o que miro”. Chega á conclusión de que o defecto é del pola vía de admitir implícitamente a autoridade do artista e da obra: “é imposible que unha obra exposta non conte algo. Algo está dicindo, pero eu non consigo entendelo”. Tamén lle concede á arte contemporánea a capacidade de “contar o seu tempo, pero entendo que todas as artes teñen que facelo así e que o fan a pesar súa porque por moito que se maten os autores, están encadrados nun contexto e ese contexto sempre se deixa ver”. Aínda explica máis: “confío en que todas as obras contan algo, pero a min non me consta”. Alberto Ramos ten interiorizada a fenda, tanto que as algunhas veces mesmo se sente intimidado. “Hai veces que me asusto de non entender e das pezas ou quizais só da distancia entre elas e máis eu”.
Un poeta advertía que a forza do amor non pode ser inútil. Dáballe voltas a esa idea de que o desexo é unha realidade que ten que volverse común. Dáballe voltas a que a inversión sentimental, por forza, ten que deixar os seus réditos. Pero todo ten, como mínimo, dúas caras e quizais suceda que se o amor non pode ser inútil, a inutilidade non poderá ser amor.

Con Alberto Ramos

Obra: Caixa ilustrada. Xurxo Oro Claro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s