Gustavo Hervella | Oficios de revolución interna

DSC01549
Imos poñernos no lado práctico. Por un momento. O lado práctico non goza de prestixio na arte en xeral nin na contemporánea en particular porque todo o mundo leu mal o romanticismo e todas as derivadas: esa serie de asociacións de ideas tan peregrinas como que a beleza e máis canto menos práctica. De aí hai un salto, pero non moi grande, a que a cultura é un asunto estético e, polo tanto, pouco práctico. Prescindible. Todo argumentado por dente lida que consideraba o suicidio como unha solución.
No lado práctico está Gustavo Hervella, quen confía máis no impacto que nos cometidos narrativos da arte. “Ten que promover algún tipo de sobresalto no espectador porque contar historias hai outros xeitos de facelo”.
Que a arte contemporánea remova algúns interiores do público é un asunto ben práctico. Porque para o corazón xa está a bici estática e para discutir sen argumentos o fútbol. Tamén hai iogures bífidos con cometidos nominalmente similares, pero son responsabilidade doutras consellerías, agás no caso de Manzoni. Tan práctico que pode ter algún beneficio terapéutico. Sabemos que os órganos están determinados pola función, pero como se adestra a conmoción, ou a revelación, ou a intelixencia emotiva ou unha de tantas cousas que nunca entran nos planos de estudo de ningún estado con ou sen nación.
Gustavo Hervella afina a súa interpretación no interior do CGAC facendo un distingo fundamental para a sociedade contemporánea: dicir e contar son verbos para accións distintas. De xeito que “a arte ten que dicir cousas, pero non ten que contar no sentido narrativo”. O que diga a arte de novo, sorprendente ou revelador é o que lle interesa, de maneira que non entende a repetición de determinadas obras unha exposición tras outra. Porque a reiteración causa efectos ben distintos da revelación. Raramente se sente aludido por un vídeo, “é que me superan” e non cre que se deba ou non a ter “unha conexión intuitiva coa arte contemporánea”. Cre que arredor dos entendementos, das distancias, das fendas ou as barreiras entre obra e público hai “moito mito e a súa correspondente confusión”. Fai unha pequena viaxe ata o século XVII, “todo o mundo cre que entende a Velázquez, que entende a súa pintura e os códigos cos que están decididas as imaxes”. Pero xa advirte que non é tan fácil “case ningún se fixa, por exemplo, nos reis de Velázquez e no os seus cadros queren dicir do seu tempo”. Busca outro exemplo, máis próximo no espazo, “non é tan fácil entender o pórtico e Praterías da Catedral de Santiago, entender o que explica e aínda menos, creo, miralo como o que é: un colaxe”.
E hai que mirar de novo Praterías para comprobar que nos move por dentro. Volver e esperar que o movemento sexa no interior da cabeza. Que sería o máis práctico.

Con Gustavo Hervella

Obra: Via Crucis. Pamen Pereira.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s