Apol.lònia Munar, Elisabet Noguera, Jaime Noguera | Branco tipo 90

DSC01553Os noventa foron eses anos nos que houbo guerras de perfil baixo, ascensos xeneralizados de clase, vacacións solidarias, alegrías no consumo, farmacias contra a angustia. Unha década na que os poetas miraban cara a dentro e os bancos contra fóra. Foron os anos nos que a brancura naif de Álvaro Siza aterrou en Compostela. Esa brancura tan pouco sufrida e os cortes de liña tan de contemplación son os que marcan a atención.
Apol.lònia Munar, Elisabet Noguera e Jaime Noguera son unha familia mallorquina que entra no CGAC. Non coñecen o lema: familia que mira arte contemporánea unida permanece unida porque non existe e porque está tirado dunha publicidade das caixas da aforro de toda a vida que, ademais, demostrou nos anos noventa ser moita mentira. Fóra chove e dentro segue o combate diario por manter o branco de Siza como o primeiro día. Entran os tres pero non están tan interesados por ver a exposición como por ver como é o museo. Quizais pasamos isto por alto: hai poucas demostracións tan contundentes do que foron os noventa como o CGAC de Siza: ese tempo no que o importante das cousas era o que parecían.
Jaime asegura que non é moito de contemporánea, pero os tres advirten que son moito de entrar a todo tipo de museos. Cando viaxan e cando están na casa. Son habituais e xustifican a súa dedicación: “non sempre entendemos o que vemos, pero non deixamos de ir aos museos”.
Son espectadores agradecidos, agradecen os esforzos, aprecian os traballos, aínda que a súa ligazón coas obras é máis fácil “cando teñen máis traballo manual. Case poderíamos dicir que son xente entregada,”sempre miramos con curiosidade”.
Falan entre eles mentres fóra insiste en chover manchando as pedras que o arquitecto quería impolutas. Din que lles gusta o museo, pero non para vivir nunha casa con esas liñas, que está ben como edificio público, como edificio artístico. Aceptan a idea, neste caso, da arquitectura como unha escultura que podes mirar por dentro. Falan entre eles no CGAC e levántase un eco de besbello que debe vir dos noventa, negándose a recoñecer o seu engano.

Con Apol.lònia Munar, Elisabet Noguera e Jaime Noguera

Obra: Pavita deitada. Francisco Leiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s