Yolanda Porto Tenreiro e Lucía Moragón Martínez | Desde o ego en adiante

DSC01566Hai dous grandes territorios nos que os espectadores identifican os movementos da arte contemporánea: emocional e intelectual. Hai un elemento polo medio que pode ser considerado outro territorio ou quizais só o mapa que guía o camiño polos outros dous: a estética. A estética como linguaxe que nos leva á intelixencia ou á emoción. Incluso como elemento acaparador que se fai dono de todo. En cantas cousas humanos o medio non acaba por converterse nun fin.
Yolanda Porto Tenreiro e Lucía Moragón Martínez escalan a súa visión da arte contemporánea no CGAC en dous tramos: primeiro recoñecer a estética, recoñecerse nela, entenderse con ela e todas esas circunstancias que valen para a arte e tamén para a vida familiar. Como nas familias, elas están dispostas a darlle outra oportunidade se a estética (que eu quero interpretar como unha ligazón en certo sentido emocional, sensual) non empata. Entón rebuscan nos significados das pezas para encontrar unha pasarela intelectual. Pero se isto tamén falla, para elas só queda a frialdade.
Yolanda Porto explica que hai algúns elementos imprescindibles que a arte contemporánea debe conter: “emoción, sorpresa, controversia”. Non teñen que estar todos, non teñen que estar xuntos. Pero deben estar. “Deben ofrecer enfoques fóra do convencional e deben ter certo carácter reivindicativo”. Pero fronte a isto Lucía Moragón econtra un exceso de individualismo. “O narcisismo é importante e ten que haber algo, pero estou algo cansa de que o conflito apareza sempre desde o eu, hai un exceso dese xeito de facer”. Por está vía, pola vía do ego, consideran que a arte chegou a un certo ensimesmamento que resta algúns dos argumentos que elas buscan. Demasiadas tormentas interiores, demasiadas imaxes atormentadas que teñen como oposición unha outra banda coa que tampouco se senten identificadas: “dar o espectáculo, buscar o escándalo na reacción dos espectadores, chegar ao exceso polo outro lado”.

Con Yolanda Porto Tenreiro e Lucía Moragón Martínez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s