Rosalía Cancelada e Bárbara Morandeira Aradas | No final da historia

20140625-144959-53399683.jpgCando se está a medio camiño coñécese medio camiño. Aínda estando parados no medio do camiño non podemos saber como será o final. Podemos calculalo. Podemos apostar, podemos confiar sobrenaturalmente na intuición ou na interpretación da estatística. Pero na metade do camiño só podemos coñecer a metade do camiño.
Rosalía Cancelada e Bárbara Morandeira teñen unha conclusión: algunhas obras de arte contemporánea deixan ao espectador a medio camiño. Teñen unha metáfora para explicalo: “é como estar casi ao final do libro pero non coñecer o final da historia”. Queda unha inquietude, unha insatisfacción ou, poñéndose dramáticos, unha frustración de saber que hai algo non revelado que está aí, diante nosa. Algo que se nega a explicarse. Unha obrigación non cumprida. Sin embargo, elas non fuxen do combate intelectual. Non son habituais dos museos pero advirten que é mellor que a arte contemporánea “faga pensar a que non diga nada”. Elas cren que é imprescindible botarlle imaxinación ao contemporáneo. Nos dous sentidos: “para facelo e para interpretalo”. Non se senten intimidades por ese requerimento e piden que, cando menos, “resulte entretida de ver”. Se ademais de distraer, pode ofrecer algo interesante a experiencia como espectadores mellora moito. Dan por feito que a arte contemporánea leva implícito certos compoñentes de “diferencia e excentricidade” que non son necesariamente malos nin necesariamente bos. Ten a favor estas dúas características que poden espertar a curiosidade do espectadores e a curiosidade é algo que, explican, é necesario para entrar nun museo.
Encontran algunhas outras características na contemporaneidade artística:  a subxectividade sen ir máis lonxe, “a importancia ten máis que ver co que transmite que co que aparenta ser”, aínda que admiten que a estas alturas segue sendo difícil “xogar coas ideas e non facer algo de obra, algo material”. Aínda así, coa necesidade material, consideran que o contemporáneo “obriga a pensar” e niso ten unha vantaxe sobre calquera tempo pasado. Non meten no mesmo saco á escultura, á que eximen un pouco de ter que querer dicir. Entre tantas razóns non desbotan que teña que haxa algo emotivo entre o discurso, “algo que o espectador ten que sentir e que se non sentes non podes percibir”. Como esas páxinas cerca do final que dan voltas e voltas sen acabar de contar a historia.

 

Con Rosalía Cancelada e Barbara Morandeira Arada.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s