Gael Herrera Batallán | Espectadores entrenados

Gael HerreraAndamos necesitados de espellos. Por iso algúns relatos comezan por esa proposta ideal: se un grupo de extraterrestres viñeran e quixeran saber que entenderían. Que conclusións tirarían de tanto mal como anda solto. Se un grupo de extraterrestres chegasen con pouco tempo que escollerían para facer reconto: a literatura dos últimos 50 anos, unha antoloxía de documentais sobre a guerra, a colección completa do NO-DO, unha feria do libro de segunda man, a Semana Verde de Silleda ou o Museo do Pobo Galego? Se os extraterrestres tivese presa e ganas de saber escollerían, probablemente, unha historia do mundo financeiro. Pero se a intelixencia anda tan mal repartida nas outras galaxias como nesta, quizais non sexan capaces de entender os movementos da bolsa e teñan que acudir a versións menos abstractas de nós mesmo. A arte contemporánea, por exemplo.
Gael Herrera Batallán pensa que si, que se uns extraterrestres atravesan a porta do CGAC poden saír cunha idea do que sucede no mundo. No inmediato e no resto. Ela confía case máis na ollada do infinito e máis alá que na dos veciños. “Hai que coñecer aos artistas contemporáneos como hai que coñecer aos outros”, explica. “Non é difícil ter datos do traballo dos artistas, saber de onde vén, cal é a súa liña principal”. Para estes datos, segundo Gael, non é necesario un doctorado nin unhas facultades especiais, nin tampouco vir de fóra, “chega con ter a intención de mirar e a forza de ver cousas vaise aprendendo a interpretar”.  Suxire para seguir esta aprendizaxe non deixarse levar polos tempos apresurados nin polas primeiras impresións,”non hai que perder a paciencia, temos moita presa para todo, pero para todo fai falta un entrenamento, para ver arte contemporánea tamén”. Neste entrenamento da percepción, Herrera sinala que é fácil discernir unha vez que se acostuma o ollo, pero advirte que incluso “para saber que che gusta e que non é necesario un percorrido de entrenamento, de acostumarse”. Non descarta a curiosidade como virtude do espectador e tamén unha certa confianza no seu criterio entrenado para distinguir cando na arte “hai tomaduras de pelo”.

Cre que na arte contemporánea se propagou con moita facilidade esa resposta escasamenta dialéctica: iso tamén o fago eu. Unha réplica que desvaloriza sen entrar no fondo do argumento. Gael Herrera non nega que hai ocasións na que os artistas se deixan ir na facilidade pero que esta resposta nunca procede dun espectador que teña certo contacto coa arte contemporánea, “pode suceder que os museos ofrezan algunhas rarezas e que o espectador se sinta incómodo con elas ou, máis alá, pense que son un engano, pero non deixan de ser ocasións contadas e un espectador entrenado sabe cando esas cousas ocorren e non se deixa enganar”.

O engano forma parte da civilización. E da cultura. Se uns extraterrestres chegasen á Terra quizais deberían contar a priori co porcentaxe de engano que hai en todas as historias. Ou coa falta de matiz. Ou co cambio de perspectiva. Ou con esa capacidade, non sei se innata, da especie para contar a feira segundo nos foi nela. Por iso o primeiro que deberían facer os extraterrestres cando cheguen a este planeta, incluso antes de preguntar pola catedral, é facer un cursiño.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s